Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de competencias dixitais e habilidades cognitivas nas parroquias de Redondela

maiores

Redondela ten aberto o prazo para se inscribir nos obradoiros de envellecemento activo que se van desenvolver nas 13 parroquias do municipio co obxecto de evitar que as persoas maiores teñan que desprazarse ao centro da vila. Inclúen obradoiros de Competencias Dixitais e de Habilidades Cognitivas. A inscrición para os cursos, que arrancarán o luns 13 de febreiro, deberán realizarse a través dos Rexistros oficiais do Concello e terán prioridade as persoas empadroadas no municipio.

O programa ‘Persoas Maiores Activas’ está composto por dous obradoiros. Un deles é de Competencias Dixitais e o outro de Habilidades Cognitivas. As habilidades cognitivas abarcan exercicios que permitirán aos participantes manter activo o cerebro. Os obradoiros de competencias dixitais buscan que a través dos seus dispositivos móbiles poidan realizar actividades de relación coa administración, interactuar na banca electrónica, utilizar os buscadores online para atopar lugares de interese ou mesmo facer reservas e utilizar con seguridade as redes sociais.

O prazo de inscrición xa está aberto e as actividades darán comezo o vindeiro luns 13 de febreiro sempre e cando se forme un grupo mínimo de 8 persoas en cada centro. Admitiranse un máximo de 12 persoas por grupo e para a actividade de competencias dixitais será preciso contar cun teléfono smartphone con datos móbiles. As actividades terán lugar nas 13 parroquias do municipio para evitar que as persoas interesadas teñan que realizar desprazamentos e dentro da filosofía do Goberno local de primar “levar ás actividades ata as persoas e non ás persoas ata as actividades”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas explica que “a Concellería de Persoas Maiores é unha iniciativa deste goberno. A intención da súa creación foi a de priorizar as necesidades da veciñanza maior de 55 anos e ofrecerlles programación específica con actividades que axuden ao seu benestar. As habilidades Cognitivas e as Competencias Dixitais son algo imprescindible na sociedade actual e con este tipo de obradoiros axudamos a mellorar a calidade de vida das persoas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará