O auditorio da Xunqueira acolle esta fin de semana dúas actuacións de teatro enmarcadas na programación cultural do Concello. O sábado a compañía Malasombra Producións porá en escena a obra “De algo hai que morrer” e o domingo a quenda será para Tanxarina quen, dentro das celebracións polo seu 40 aniversario, chegan nesta ocasión co título “as Bombas e o xeneral”
O obra “De algo hai que morrer” presenta a dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cento da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: a Morte. Un espectáculo enmarcado no ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura, este sábado 11 ás 20:00 horas no Multiúsos con entrada 3 euros.
Xa o domingo ás 18:00 horas e orientado a público familiar continúan as celebracións polo 40 aniversarios de Tanxarina coa obra “As bombas e o xeneral”. Un espectáculo onde recrean con siluetas animadas, música e actores, a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden escapar a un lugar mellor. O seu xefe verá frustradas as súas intencións. Un espectáculo de total actualidade para concienciar aos máis pequenos dos dános que provocan as guerras e as súas consecuencias. Un final amable para unha situación de conflito onde tamén presentamos os efectos devastadores dunha guerra.