Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas: “O PP está a enganar a usuarios e traballadoras do SAF con falsas promesas electorais”

digna saf

A resolución do contrato a empresa Os Ventos nos prazos que propón o PP “non son reais e, en ningún momento, os servizos técnicos municipais lle deron a razón”. Así o afirmou a alcaldesa quen engadiu que, logo da apertura do expediente de penalidades por incumprimentos moi graves a actual concesionaria, o trámite segue pero “en ningún caso se pode afirmar que se vaia resolver o contrato en vigor antes da súa finalización” polo que se traballa nos pregos para a contratación dunha nova empresa en setembro.

A alcaldesa asegura que dende o goberno local se están a seguir “todos os trámites legais obrigatorios para poder solucionar a problemática do SAF” e insiste rotundamente en que “non é posible rescindir o contrato a empresa Os Ventos nos prazos que asegura o PP”. Acusa Rivas aos populares de “enganar a familias e traballadoras xa que no suposto de acudir a resolución do contrato por incumprimento, esta tramitación levaría cando menos 4-5 meses”.

Acusa tamén ao PP de mentir xa que “nun primeiro momento dixo que se podía acudir a un procedemento de emerxencia para que unha empresa designada polo Concello se fixera cargo inmediatamente do SAF, presentando logo outra proposta que é na que dende o inicio está a traballar o concello”. A proposta do PP “non é outra que a que xa está recollida nos informes técnicos municipais”

Na situación actual, ademais de seguir fiscalizando a empresa estase a traballar “na elaboración dun novo prego de condicións, sempre en colaboracións coas técnicas municipais, sindicatos e partidos políticos, de cara a que cando chegue setembro, data na remata o contrato actual, se poida proceder a contratar unha empresa solvente sen poñer en perigo nin o futuro das traballadoras nin a prestación dun servizo”.

Anima as familias usuarias que continúen metendo por rexistro calquera irregularidade que acometa empresa “porque esa documentación é útil para seguir co traballo de fiscalización que se está a facer dende o Concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará