Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballadoras do SAF protestan escenificando unha particular “queima do meco”

saf traballadoras

Traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar convocadas pola CUT concentrábanse hoxe ás portas do Concello para protestar pola “inacción do goberno local  que entenden non está a facer nada de cara a solucionar a problemática do SAF”. Facíano a través dunha performance de Entroido, escenificando a queima dunha figura que representaba á alcaldesa, Digna Rivas e a Raquel Toja da empresa Os Ventos.

 Denuncia o sindicato que a apertura de expedientes administrativos contra a actual concesionaria Os Ventos so serven para que a empresa “gañe tempo” xa que durante o percorrido administrativo de ditos expediente “o servizo segue a precarizarse e o único fin que van ter é a imposición dunha sanción económica”. Na concentración estaban presentes ademais de traballadoras do servizo, concelleiros do PP e do BNG.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará