Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ordenanza de emerxencia social volve ao pleno tras se rexeitada en outubro

plenooutubro

Os votos en contra de PP e AER impediran aprobar a ordenanza no pleno de outubro

A ordenanza non contara cos apoios suficientes para saír adiante hai catro meses ao votar en contra tanto PP como AER. Dende o BNG instan aos concelleiros da Agrupación de Electores a que se absteñan no pleno que se celebra hoxe xoves ás 20:00 horas “co que serían suficientes os votos favorables de BNG e PSOE para sacala adiante”.

Ante a convocatoria do Pleno ordinario de febreiro, no que novamente se inclúe a aprobación da ordenanza de Emerxencia Social, a organización nacionalista “compromete o seu apoio a un novo texto que mellorará as condicións de acceso a axudas de emerxencia social”.

O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González considera que “nos atopamos ante unha das decisións de maior relevancia deste mandato”. Destaca a necesidade de aprobar unha nova Ordenanza máis áxil, que chegue a máis veciños e veciñas, que están a sufrir unha crise económica cumprindo así o compromiso social ao que se debe o concello e creando un escudo social que protexa aos colectivos máis vulnerables”.

Lembrou que a nova ordenanza constituíu unha das condicións do BNG para negociar os orzamentos actualmente vixentes. Para o edil nacionalista a importancia de sacar adiante a modificación da actual Ordenanza reside en que recolle axudas económicas para aquelas familias que están a sufrir os envites da crise económica. Cun orzamento de 80.000€, pódese solicitar a colaboración do concello para evitar desafiuzamentos, axudas para aluguer ou bens de primeira necesidade como alimentos, vestidos, recibos de enerxía eléctrica, melloras na habitabilidade das vivendas.

Afirma o edil do BNG que a ordenanza permitirá que moitas familias aumenten a contía das axudas, dun xeito máis rápido e con menos requisitos ao medrar o nivel de ingresos das familias que se poden acoller a estas axudas. Tamén aumenta a contía das axudas que poden recibir as familias, mesmo triplicando o que actualmente reciben. Valora como positivo que os informes sociais teñan máis repercusión e que se reduzan os prazos das concesións de urxencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará