O Gran Camiño pasará polo noso concello este venres 24 as 11:00 horas en dirección Pontevedra e novamente, ao redor das 13:00 horas, xa en dirección A Guarda, onte está previsto que remate esta etapa correspondente a segunda edición desta proba ciclista.
A segunda edición do Gran Camiño que se disputa en Galicia entre o 23 e o 26 de febreiro en catro etapas, unha por cada provincia, atravesa este venres Redondela. Dende o Concello e a Policía Local poñen en marcha un dispositivo especial que inclúe o peche ao tráfico nas horas nas que está previsto que o pelotón cruce o municipio.
Primeiramente, entorno as 11:00horas, a volta cruzará o casco urbano para sair na Avenida Santa Mariña e seguir pola estrada N550 dirección Arcade, permanecendo durante o transcurso o tráfico de vehículos totalmente pechado.
Posteriormente, en torno as 13:00horas, volverán pasar os ciclistas en dirección Santo Estevo de Negros, polas estradas N550 e N555, pechándose o tráfico nas estradas afectadas durante o transcurso.
Esta segunda etapa da Volta a Galicia obrigará aos corredores a superar un percorrido de máis de 184 kilómetros entre Tui e A Guarda pasando por Porriño, Redondela , Vilaboa, Moaña, Cangas, Bueu, Marín, Pontevedra, novamente Redondela e finalmente Baiona, Gondomar e Oia ata chegar ao punto de meta no monte Tegra en A Guarda.