A veciñanza xa participou actividades en plantacións anteriores
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso organiza unha nova edición do día da árbore para este domingo 26 de febreiro. O punto de encontro será o Cruceiro de Baltar a partir das 10:30 h da mañá. Os voluntarios participarán dunha plantación de máis dun cento de árbores autóctonas como castiñeiros, bidueiros ou carballos.
Seguindo a liña de edicións anteriores, nesta ocasión participarase na consolidación dunha das maiores franxas verdes con frondosas autóctonas na que está traballando a comunidade de montes. Esta sitúase sobre o barrio de Soutoxuste e pretende mellorar a defensa contra incendios forestais e aumentar a biodiversidade do monte Outeiro Grande. Para elo faranse plantacións fundamentalmente de castiñeiros, bidueiros, sobreiras, érbedo, acivros e carballos nunha superficie xunto o cruceiro de Baltar, outra superficie nunha explanada avanzando no monte e unha última zona xunto ao camiño de Santiago.
Repoboarase así coa axuda dos voluntarios que se acheguen máis de un cento árbores diversas para deste xeito apoiar a recuperación da diversidade arbórea da zona e, como non, realizar unha acción didáctica entre adultos e os máis cativos achegando a experiencia de participar no mantemento e coidado da natureza en xeral, e do monte comunal en man común en concreto. O día da árbore do Viso é unha actividade aberta a toda a veciñanza, na que poden participar sen máis que levando un legón, unha luvas e ganas de traballar.