Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aqualia convoca a XXI edición do seu Concurso Infantil de Debuxo Dixital

aqualia

O certame conta coa colaboración da Concellería de Educación e a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela e está centrado na vida saudable e sostible para celebrar o Día Mundial da Auga. Precisamente ese día, o 22 de marzo, será data límite para participar no concurso. Os debuxos deben presentarse na páxina web (www.aqualiaeods6.gal) en formato dixital. Na web tamén pódese descubrir a Aquaventura, o novo desafío de Aqual e ODS6 coa Cuadrilla Sostible.

A intención é que participen as escolas, para o cal proporcionase a información e os recursos educativos necesarios para presentarse ao concurso e que o alumnado poida tratar temas como a vida saudable e sostible ou a conservación dos recursos naturais como a auga. Entrégase un conto que serve de soporte os docentes para tratar o tema do concurso, pósters, follas para colorear e as follas de participación.

Segundo explicou a alcaldesa Digna Rivas, con esta actividade “prétendese concienciar e sensibilizar sobre os principais problemas ambientais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará