O goberno local decidiu trasladar temporalmente a feira de Chapela, que se celebra os días 2 e 16 de cada mes, ao aparcamento do Pavillón Municipal da parroquia na Avenida de Redondela. A nova ubicación estreábase hoxe mesmo e está condicionada ao inicio das obras de reforma do ‘Campito’ e a Alameda de Rosalía de Castro. Ambos proxectos xa comezaron e requiren dun tempo para a súa realización. Unha vez rematen as obras, a feira volvería á pista polideportiva situada na Rúa José Fernández López.
A alcaldesa Digna Rivas explica que “tanto as obras no Campito como na Alameda de Rosalía de Castro buscan a transformación dos espazos para o goce da veciñanza e a mellora da súa calidade de vida. Estas eran dúas demandas dos veciños e veciñas de Chapela dende fai moitos anos e é unha prioridade deste goberno levalas a cabo canto antes”.