Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous veciños de Redondela por agredir a axentes da Policía Local

cafe central

Un varón de 26 anos de idade e veciño de Redondela era detido ao redor das 16:30 horas de onte tras presentarse na comisaría, causar danos nun vehículo da Policía Nacional e agredir a dous axentes da local. A segunda das detencións producíase sobre as 20:30 horas nun bar do centro da vila. Neste caso os axentes desprazáronse ao establecemento tras seren alertados da presenza dun home en estado de embriaguez que estaba a molestar aos clientes e que agrediu aos axentes cando tentaron que abandonara o local. O varón de 43 e tamén veciño de Redondela foi detido e trasladado á comisaría.

Tarde movida a que tiveron os axentes da Policía Local este martes, con dúas intervencións que se saldaron con dous detidos por agresión á autoridade. O primeiro dos sucesos tiña lugar ás 16:30 cando un mozo de 26 anos se achegaba ás oficinas da xefatura. Unha vez alí e ante o seu comportamento trataron de calmalo pero o home causou danos nun vehículo da policía nacional e fuxiu, sendo interceptado cando se subiu a unha vehículo particular que se atopaba na Avenida Mendiño, onde foi alcanzado e reducido tras agredir dous axentes.

Altercado nun bar

Xa de cara a tardiña foi necesaria novamente a intervención da policía, logo de recibir unha chamada pasadas as 20:30 horas que alertaban da presenza dun varón no interior dun local de hostalaría no centro da vila en estado de embriaguez e que estaba causando molestias. Unha vez no establecemento os axentes lograron que o varón, veciño de Redondela de 43 anos de idade, abandonara o local. Con todo, unha vez no exterior continuou coa súa actitude agresiva agredindo a un dos axentes, polo que foi reducido, detido e trasladado á comisaría de Policía Nacional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará