Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un proxecto teatral busca recuperar a memoria das “Mulleres do téxtil”

mulleres regojo

Foto: Anecdotario Redondelán

A iniciativa, da man de José Manuel González e Roberto Casal Mouriño, busca recoller as vivencias de todas esas mulleres que formaron parte dunha empresa de tanto renome no seu día como foi Regojo. Logo de manter varias xuntanzas cun total de 22 traballadoras de diferentes xeracións o seguinte paso será convertelo nunha obra de teatro que está previsto que o grupo de teatro de Reboreda estree no vindeiro mes de xuño. O proxecto presentarase este domingo ás 19:00 horas no Multiùsos da Xunqueira.

O primeiro paso neste proxecto de teatro comunitario foi poñerse en contacto con algunha das mulleres que traballaron en Regojo e coñecer de primeira man o que supuxo para elas comezar a traballar con tan só 13, 14 ou 15 anos nunha fábrica e pasara formar parte da economía familiar. “buscamos crear un relato colectivo que nos achegue ao que supuxo ser muller e traballadora naquela altura” explica Roberto Casal.

Roberto Casal Mouriño é un dos promotores da iniciativa

Logo de obter ao redor de 14 horas de gravacións, o seguinte paso é crear un guión que recolla e poña en valor a memoria colectiva deste o punto de vista das mulleres traballadoras 2un traballo que vai requerir de moita sensibilidade e moito cariño”.

O paso final será trasladar ese texto aos escenarios, algo que farán as integrantes do grupo de teatro de Reboreda. Un grupo de teatro formado por 11 mulleres e 1 home de idade adulta que compartirán escenario coa mocidade alternando escenas corais, drama e comedia. O obxectivo é facer un chamamento á cidadanía para participar dunha actividade comunitaria por e para o pobo, onde a memoria e o valor da muller traballadora sexa recoñecida e recupere os espazos que lles negaron no relato histórico oficial.

Outra parte importante consiste na realización de obradoiros de teatro coa mocidade nos centros de ensino de secundaria.

O acto de presentación será o domingo día 12 de Marzo ás 19:00h no Multiusos da Xunqueira, e busca achegar á veciñanza esta iniciativa. Presentaranse xa pequenos anacos de escenas de teatro realizadas polo grupo de Reboreda e contarse tamén coa presenza dalgúns docentes que está a traballar co seu alumnado en historia local, o tema da fábrica de Regojo.

Un proxecto que conta co apoio da administración local que “entenderon dende o primeiro momento a relevancia de proxectos como este que buscan recuperar a memoria e o patrimonio da vila”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará