Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As subvencións nominativas do Concello beneficiarán a 18 entidades que se repartirán 250.000 euros

Festival-Redondela

O Festival de Títeres é un dos beneficiados coa subvencións municipais

As cantidades a percibir varían notablemente dependendo dio tipo de actividade e as necesidades de cada unha das asociación entre as que se atopan colectivos de carácter social -Andaina, Lenda, Cáritas, DaMán- asociacións deportivas- Clubs de remo de Chapela e Cesantes, ou entidades de carácter cultural como Xente Titiriteira ou a asociación Millo Verde. Tamén outros colectivos que desenvolven as súas actividades no ámbito económico como a Asociación de empresarios ou a Confraría de pescadores. En definitiva, unhas axudas que se conceden a determinadas asociacións cando se dan unha serie de requisitos como acreditar interese social, cultural ou humanitario.

No debate desenvolvido no pleno en torno a este asunto, o BNG reclamou un incremento de axudas a determinadas entidades que dende o 2019 non viron incrementada a contía da axuda. Destacaron neste sentido a Confraría de Redondela e nomeadamente a necesidade de subir a subvención para as mariscadoras por estar a atravesar unha situación difícil debido a elevada mortandade da ameixa. Reclamaban tamén que estes convenios non se demoren ata final de ano para que esas asociación poidan recibir unha porcentaxe destes cartos con anterioridade. Solicitaban que o punto quedara sobre a mesa para poder estudar ditas modificacións.

Xoán Carlos González, BNG

Dende AER malia explicar o edil Daniel Boullosa que compartían as reclamacións dos nacionalistas, descartaban adiar o debate por entende que moitos dos colectivos precisaban xa coñecer se ían ser beneficiarios destas axudas.

Daniel Boullosa, AER

Dende o PP apoiaban a proposta pero aproveitaba o seu voceiro Iván Crespo para criticar que non haxa un orzamentos para este 2023 e facían tamén referencia a que as asociacións teñan que esperar aos últimos días do ano para poder acceder a estas subvencións nominativas 

Iván Crespo, PP

Contestaba a edil de economía María Castro, que as axudas mantéñense en xeral nas mesmas contías que en anos anteriores. Facía fincapé tamén en que algunhas destas asociacións reciben outras axudas, ben procedentes do Concello ou doutras administracións e que tamén contan co apoio municipal ao cedérselles locais ou material para a realizacións das súas actividades. Aseguraba tamén que o obxectivo e axilizar a súa concesión e lembraba que xa existe a posibilidade de que o concello anticipe ata un 70% da cantidade total conveniada. Tamén adiantaba o compromiso do seu departamento de subir ou crear novos convenios no caso de que as solicitudes sexan razoables.

María Castro, PSOE

Finalmente quedou aprobado conceder un total de 18 subvencións: a Asociación Española contra o Cancro percibirá 4000 euros; Lenda recibirá 15.000 euros como referente na súa traxectoria ao traballar con persoas con enfermidades mentais e as súas familias; Caritas percibirá 20.000 euros para promover o desenvolvemento integral de persoas necesitadas; a Fundación Santa Cruz obterá 3000 euros pola labor de acollemento que realizan; Andaina recibirá 18.000 euros para continuar coa súa labor centrada na atención as persoas con diversidade funcional; a Sociedade Galega polo pobo Saharauí 4000 euros; a Asociación Damán percibirá 2.500 euros; Afaga centrada nos servizos a persoas con altzeimer e outras demencias recibirá 15.000 euros; a Fundación Amigos de Galicia con actividades de atención aos máis necesitados en Chapela recibirá 6.000 euros. NO ámbito cultural a Asociación Millo Verde contará con 18.000 euros; a Asociación cultural e social de Chapela 36.000 euros para  escola de música de chapela e o colectivo Xente Titiriteira 56.000 euros para a organización do Festival Internacional de Títeres. No ámbito deportivo o Club deportivo de Cesantes recibirá 12.000 euros, o Club de Remo de Chapela 21.000 euros e o club de remo de Cesantes 2.500. A confraría Pescadores San Xoán percibirá 5.000 euros para promoción choco e Asociación de Empresarios subvencionarase con 10.000 para realizar actividades de dinamización dos distintos sectores da economía local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará