Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Illa de San Simón acollerá o Festival SinSal do 21 ao 23 de xullo

sinsal

O festival SinSal SON Estrella Galicia regresará un ano máis a San Simón do 21 ao 23 de xullo con outra edición que mantén a esencia da cita: un cartel secreto que o reducido aforamento do evento só descubrirá ao desembarcar na illa da ría de Vigo.

A pesar da confidencialidade dos artistas que formarán parte do cartel, a organización do festival ofreceu este luns unhas pistas sobre o que poderán atoparse as 800 persoas que poderán gozar cada día do acceso á illa.

Polo tres escenarios do SinSal pasarán un total de 20 bandas e solistas chegados de África, Asia, America e Europa –moitos deles por primeira vez en Galicia–, que convivirán e mesturaranse co público durante a súa estancia na cita, desenvolvida este ano en formato exclusivamente diúrno.

Como cada edición, a oferta musical compleméntase con actividades divulgativas que o público poderá gozar até o atardecer, cando o barco partirá da illa considerada Ben de Interese Cultural de regreso ao continente.

O festival foi proclamado este fin de semana como gañador do premio estatal ao evento con maior contribución á igualdade nos Iberian Festival Awards. A iso súmase outro recoñecemento conseguido recentemente coa inclusión do SinSal no informe ‘O mellor da cultura 2022’ de Fundación Contemparánea como proxecto cultural exemplar polo seu compromiso e contribución cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará