Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER propón que se incremente o recibo do lixo para reducir o déficit neste servizo

lixo

A Agrupación de electores explica que Redondela acumula un déficit de un millón de euros anuais no servizo de recollida do lixo e defende o incremento das taxas xa que “se está a cobrar aos veciños un recibo moi por baixo doutros concellos e unha porcentaxe ínfima respecto ao seu custo”. Apuntan tamén a necesidade de negociar coa Xunta que se faga cargo do Conservatorio “cuxo custe anual deixa un déficit de 380.000 euros aos ano”.

No que respecta á recollida do lixo explica a Agrupación de Electores que este servizo deixa un déficit de un millón de euros anuais “na actualidade, en Redondela estase a cobrar nas zonas urbanas é de 71 euros anuais, cando o custo real é de 200 euros namentres que no rural, a taxa baixa aos 35 euros, cando o custo para o concello é de 230”. Segundo a Lei de Residuos probada en 2022, os cidadáns deben asumir o lixo que orixinan dun xeito proporcionado e obxectivo polo que se deben elaborar novas ordenanzas fiscais para que a taxa cubra os custos de xestión. Por este motivo propoñen que a veciñanza da contorna urbana pase a pagar 100 euros ao ano e a do rural 70 euros, e que de xeito progresivo se chegue a pagar o mesmo nunhas zonas e noutras como se xa se está a facer en concellos como o de Vigo.

AER tamén propón un incremento do 100% na taxa que pagan as empresas aplicado segundo o seu tamaño e, polo tanto, a cantidade de lixo que xeran. “Coa nosa proposta, a recadación pasaría dos actuais 868.000 euros a algo máis de 1,4 millóns de euros”. Con este incremento, segundo o informe económico presentado pola agrupación “poderíase incrementar o cadro de persoal do Concello en dúas persoas dada a súa deficitaria situación”.

Outro dos servizos deficitarios que analiza AER é o Conservatorio. Concretamente os custes anuais deste servizo ascenden a 443.000 euros e os ingresos por matrícula a uns 60.0000 euros, deixando un déficit duns 380.000 euros ao ano. A aposta da formación é negociar coa Xunta para que se faga cargo dos estudios regrados.

Propón, ademais, como anunciou hai días, a restitución das taxas por uso da vía pública por parte dos establecementos hostaleiros para dispor de terrazas para os seus clientes. De retomarse, por esta vía recadaríanse 40.000 euros anuais. Tamén reclama regularizar as taxas correspondentes ao enganche á rede de saneamento co que o Concello lograría sumar outros 500.000 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará