Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campaña polo Día do Pai no comercio e na hostalaría de Redondela

día do pai emrpesarios

A Asociación de empresarios por en marcha un campaña de dinamización dos negocios locais co gallo da celebración do Día do Pai. Unha campaña que ten como particulariedade que a clientela elixe o premio que quere gañar entre as opcións disponibles. Pode participar aqueles que realicen compras entre o 9 e o 19 deste mes nalgún dos establecementos asociados ao colectivo empresarial.

A clientela poderá gañar un voo en avioneta pola ría de Vigo con saída dende o aeroporto de Peinador e paso por Cangas, Illas Cies e Baiona, para un máximo de 3 persoas. Tamén poderán optar por unha visita a Mega Museo Estrella Galicia cunha noite en hotel Ibis Style Coruña en réxime de aloxamento e almorzo para tres persoas. A terceira das opcións é unha volta no circuíto de karts de Sanxenxo.

Aquelas persoas que realicen as súas compras entre o 9 e o 19 de marzo en calquera dos establecementos asociados (comercios, restaurantes, ópticas, dentistas, perruquerías ou calquera outro tipo de establecementos) poden rexistrarse como data límite ata o 21 de marzo na páxina web da Asociación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará