Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG presenta unha lista “cremalleira” coa incorporación de oito persoas independentes

bng candidatura

O candidato do BNG, Xoán Carlos González fala dun “grupo sólido, con moita xente moza, implicado no reto de converter Redondela en concello referente” ao detallar a lista que presentan os nacionalistas.

A Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego apoiou por unanimidade a candidatura presentada por Xoán Carlos González Campo. Unha lista das denominadas “cremalleira” nos vinte e un integrantes conformada alternativamente por un home e unha muller “o que deixa ás claras a importancia do papel das mulleres na actividade política do BNG”.

Salientou igualmente a incorporación de oito persoas independentes, “aportando a súa visión da política e do concello”. Puxo en valor, que o número de suplentes chegara ata os dez, “o máximo permitido legalmente o que significa que moita xente apoia esta candidatura”.

No primeiro treito da candidatura acompañan a Xoan Carlso González a xa concelleira Jéssica García. No número tres David Couñago Mouriño que participa no movemento asociativo en Reboreda, destacando o seu papel na problemática do parque eólico que se pretendía instalar na parroquia.

Iria Custodio Fabre, no número catro, graduada en ciencias da linguaxe membro do Consello Parroquial de Trasmañó de onde é veciña, ademais de responsable comarcal da organización xuvenil Galiza Nova. Síguea José Rodríguez Gómez, tradutor especialista en linguaxe de videoxogos e coordinador de campaña.

O sexto posto, María Xosé García  traballadora da automoción con longa experiencia no movemento asociativo, cun papel destacado na loita contra a Casa de Apostas en Redondela. Pecha este primeiro treito, no número sete, Xoán A. Álvarez Iglesias independente, veciño de Chapela profesional da música tradicional,  mestre de distintos instrumentos, colaborador con diversas agrupacións da música popular galega.

 “Creamos un grupo cohesionado, caracterizado pola presenza de xente moza e implicado no reto de desenvolver as potencialidades de Redondela como concello referente”, subliñou o candidato nacinalistas quen amosou a súa confianza de cara ás eleccións “acreditamos en contar co apoio de moita xente que nolo amosa a cotío, pois somos un colectivo con iniciativa e solvente para asumir a responsabilidade do goberno de Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará