Os feitos producíanse ás 18:40 horas da tarde de onte logo de que os axentes se desprazasen a un establecemento de hostalaría na rúa José Regojo, tras avisar os propietarios da presenza dunha muller en estado de embriaguez que estaba causando molestias ao resto dos clientes.
Unha vez no lugar a muller, veciña de Soutomaior e de 35 anos de idade, negouse en reiteradas ocasións a identificarse e abandonar o lugar. Segundo explican os axentes cando a convidaron a abandonar o establecemento, a acusada tentou agredilos polo que se procedeur a súa detención e traslado a comisaría.
No que vai de quincena xa son tres as detencións da Policía Local de diferentes individuos acusados de atentado contra os axentes da autoridade.