Paiosaco 1-0 Choco
Afundido no pozo da clasificación, o Choco colleitaba unha nova derrota esta fin de semana contra un rival directo, o Paiosaco que lograba a vitoria pola mínima nun encontro que remataba co resultado de 1-0.
Angel Chans foi quen decantou o resultado para o combinado local grazas a un lanzamento de falta a poucos minutos de finalizar o primeiro tempo regulamentario e que serviu apra obter os tres puntos nun partido moi igualado. Un resultado que empeora a situación do choco cada vez máis preto de certificar o seu descenso da terceira División.
Na vindeira semana xogan en Santa Mariña pero a cita é complicada: reciben ao líder do grupo, o Fabril. Nin máis nin menos que 35 puntos son os que diferenza aos dous equipos.
Segunda Galicia
Non se disputou o encontro entre o Figueirido e o Soutomaior. O partido aprazouse en solidariedade coas vítimas do accidentes que tivo lugar en Vilaboa e que se saldou co falecemento de dúas das persoas que estaban tomando algo na terraza dun bar e que foron arroiadas por un vehículo. Pendentes da nova data de celebración deste encontro, o Soutomaior mantense na segunda praza do grupo e recibirá na vindeira semana ao Catoira, segundo pola cola.
Bueu 5-0 Cesantes
Mal resultado para o Cesantes nun encontro que se xogou no campo do Bueu. Caían os de Redondela por 5-0. Na metade da táboa, na vindeira semana reciben ao Zacande, equipo situado dous postos por riba.