Foto: Protección Civil Redondela
O sinistro producíase ás 13:15 horas deste martes cando colidían un turismo e unha motocicleta na N-550 na zona da Pantalla en Cesantes. Segundo informan dende a Policía Local o turismo atopábase realizando unha manobra cando colidiu contra unha motocicleta que circulaba no mesmo sentido. Como consecuencia producíronse importantes danos materiais e o que é máis grave, o condutor da motocicleta resultou ferido grave.
O home foi trasladado en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro e a garda Civil de tráfico investiga as causas do sinistro. Na atención do accidente interviron axentes da Policía Local, Emerxencias de Mos. SEIS de Redondela así como protección Civil.