Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia a “industrialización do estreito de Rande”

peirao pedra

O Deputado nacionalista, Néstor Rego critica falta de compromiso do Goberno do Estado para a protección da enseada de San Simón así como o seu apoio á actividade industrial impulsada pola Autoridade Portuaria de Vigo no Peirao de Rande. Pola súa banda, o candidato á alcaldía de Redondela, Xoán Carlos González, comprométese a traballar a partir do 28M para converter a enseada nun “referente de recuperación económica e medioambiental”

O BNG denuncia a pasividade do executivo para a preservación dos espazos Rede Natura como a Enseada de San Simón e critica o apoio do Goberno do Estado na recuperación da actividade industrial en Rande. Neste sentido explican que esta formación rexistrou no Congreso iniciativas para coñecer a posición do Ministerio para a Transición Ecolóxica sobre a actividade industrial impulsada pola Autoridade Portuaria de Vigo no coñecido peirao de Pedra, en Rande. Para sorpresa da frente nacionalista, o MITECO, na súa resposta, mostra o seu apoio a esta actividade alegando que a zona “foi restabelecida como espazo de operacións para pezas especiais” e a Autoridade Portuaria –dependente do MITMA- “prevé poder realizar movemento de aluminio nalgún momento”.

En opinión do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, o Goberno está actuando de costas aos intereses da veciñanza de Redondela. “En lugar de actuar para protexer este espazo, estamos a asistir a un novo proceso de industrialización na costa do Estreito de Rande, o que leva aparellado un intenso movemento de tráfico pesado, tráfico marítimo, verteduras, ruídos e polvo en suspensión. Amparado, todo isto, polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico” denuncia Rego.

“Unha nova agresión medioambiental nun espazo do medio mariño que debería ser protexido, reducindo a actividade portuaria industrial e potenciando actividades pesqueiras e marisqueiras artesanais e de proximidade” sinala o deputado. O que debería de facer o Goberno, explica Rego, é rexeitar a recuperación da actividade industrial e “retirar os recheos do antigo peirao da Pedra para recuperar as correntes mariñas naturais da Rede Natura 2000 da Enseada de San Simón, perdidas nos recheos realizados nos anos noventa”.

Pola súa parte, o voceiro en Redondela e candidato do BNG á alcaldía do Concello, Xoán Carlos González Campo, expresou a falta de compromiso do Goberno do Estado coa preservación e o futuro da Enseada San Simón, Espazo Rede Natura. “A recuperación da actividade industrial en Rande pon en risco sectores como o do marisqueo e a pesca tradicional, con produtos destacados como o choco” afirma.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará