Foto: RC Celta
O redondelán Miguel Rodríguez (2003) marcou o seu primeiro gol en Primeira División co Real Club Celta de Vigo fronte ao Sevilla no Estadio Ramón Sánchez-Pizjuán, nun momento decisivo no que o marcador estaba a 0 para os celestes e que axudou a levantar o ánimo do equipo. Foi no minuto 89, poñendo o marcador a 2-1, despois chegaría o empate (2-2) cun gol de Paciência.
O deportista leva dende os 11 anos na canteira do Celta, pero os seus primeiros pasos no fútbol os deu con 5 anos no CD Choco, onde comezou a destacar a unha idade moi temperá. Dende 2020 xoga co Celta B, ano no que tamén debutou en primeira e no que se converteu no máximo goleador do equipo filial. Agora, 3 anos despois o seu soño vese cumprido gracias a nova oportunidade que lle deu o adestrador Carlos Carvalhal e que non desperdiciou.
Fichou sendo alevín e pode estar orgulloso de contar con 20 goles no Celta B. Foi premiado como pichichi e mellor xogador en varios torneos dende que ten memoria, pero é na categoría Infantil A cando bate récords ao anotar 100 dos 369 goles da tempada 2016/2017. A súa longa carreira marca o camiño para converterse nunha estrela da historia do Celta, pero para chegar ata aquí conta que “hai que facer moitos sacrificios e traballar duro“.
En 2024 remata o seu contrato no Celta, pero os seus axentes xa están traballando na permanencia. Síntese orgulloso de poder xogar no Celta, un equipo polo que leva loitando toda a súa vida. Co Celta B está facendo unha boa tempada. Nestes momentos atópanse nos postos de playoff, na quinta posición, intentando quedar o máis arriba posible. Para o extremo o máis importante é xogar e “dar o mellor de un mesmo no campo”, sen importar a categoría do campionato.
Miguel Rodríguez é un exemplo de que “con traballo duro e persistencia todos os soños poden cumprirse”.