Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades en familia para descubrir o Castelo de Soutomaior

visitas_teatralizadas_castelo_soutomaior_11

Foto: Turismo Rías Baixas

A programación “Orixe Rías Baixas” arranca o vindeiro domingo 16 de abril e espallarase ata decembro. Ofértanse un total de 2400 prazas. As persoas interesadas en achegarse a algunha das actividades previstas, entre as que se inclúen visitas teatralizadas, obradoiros, contacontos e roteiros, teñen xa a súa disposición as entradas na páxina web do Castelo a un prezo de 8 euros que inclúe a entrada ao Castelo.

 “Unha programación que este ano se enmarca baixo o título ‘Orixe Rías Baixas’ segundo explicou a deputada de Turismo, Ana laura Iglesias e que “terán moito que ver coas lendas, os oficios tradicionais e as tradicións da provincia de Pontevedra”. O calendario distribúese en dous bloques: ‘Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior’ e as visitas teatralizadas.

‘Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior’ busca achegar ás familias á mitoloxía popular da provincia, aos xogos tradicionais, aos oficios artesanais, aos seres mitolóxicos ou a tradicións coma os maios, as herbas de San Xoán, a vendima ou o Samaín”. Ofertaranse en total de 360 prazas, 30 por cada unha das actividades desta liña. A programación arrinca o domingo 16 de abril ás 11:30 horas cun obradoiro sobre a mitoloxía popular que explorará a orixe de mitos como a Coca, o Cobregón, o Lobishome, a Galiña de Ouro, a Santa Compaña, a lavandeira, os mouros, os trasnos, o Apalpador ou as meigas. A esta seguiralle, o sábado 29 de abril ás 16:30 horas, unha sesión de contacontos sobre os seres mitolóxicos do Castelo na que as nenas e nenos descubrirán a historia de mouras e mouros ou biosbardos que habitan o Castelo.

O domingo 14 de maio ás 11:30 horas terá lugar un obradoiro sobre o ciclo tradicional do pan no que as persoas participantes replicarán o proceso tradicional de elaboración deste produto e mais o seu universo máxico e simbólico: desde a sega de cereais ata os ritos asociados a eles. A seguinte actividade será o sábado 27 de maio ás 16:30 horas, cun contacontos sobre a tradición e a celebración dos maios onde se darán a coñecer as plantas típicas desta festa e as familias poderán crear un pequeno maio.

Unha programación que continuará o 3 de xuño cun obradoiro e roteiro familiar para coñecer o bosque do Castelo segundo a estación e o 18 de xuño cun roteiro sobre as sete herbas tradicionais de San Xoán. A programación non descansará en verán con obradoiros variados que se prolongarán tamén nos meses de outono.

Ademais, Ana Laura Iglesias tamén deu a coñecer a programación das visitas teatralizadas do Castelo de Soutomaior, que, ao igual que ‘Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior’ “estarán centradas no patrimonio cultural inmaterial da provincia” e nas que, con excepción das reservadas unicamente a persoas adultas, “poden participar nenas e nenos a partir dos tres anos”. A Deputación organiza en total 68 sesións, con 30 prazas en cada unha, polo que poderán participar ata 2040 persoas. As actividades terán lugar os luns e os venres de xullo e de agosto ás 11:30 horas e ás 19:00 horas, e terán versións temáticas por Samaín e polo Nadal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará