Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Consellería do Mar comprométese a investigar a impulsar a rexeneración da ostra en Arcade

20230414 Visita Santiago

O proxecto enmárcase na Rede entre o sector pesqueiro e organismos científicos de Galicia e consistirá tanto no seguimento da especie por parte do Centro de Investigacións Mariñas como na obtención de individuos para a repoboación de zonas como a enseada de San Simón. Un dos compromisos pasa por recuperar os bancos de ostra plana en Arcade.

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana reuniuse con alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o patrón maior da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade, Gonzalo Reigoso, co obxecto de poñen en marcha accións encamiñadas a recuperar os bancos marisqueiros na enseada de San Simón, En concreto falouse da necesidade de iniciar unha acción de investigación para avanzar na rexeneración dos bancos de ostra plana en Arcade “ unha especie de recoñecido prestixio no concello e que nos últimos anos viu reducida a súa produción polo impacto de distintos factores” segundo explicou Reigoso.

A conselleira do Mar e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, mostraron o compromiso da Xunta coa recuperación deste recurso e aclararon que se vai promover unha acción de investigación a través da Rede entre o sector pesqueiro e organismos científicos de Galicia (Redemar) para impulsar a rexeneración da ostra plana nos bancos adscritos á confraría local.

As representantes do Goberno autonómico detallaron que o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) vai facer un seguimento da poboación de ostra nos bancos do concello, especialmente na enseada de San Simón, para avaliar a súa situación ao tempo que se traballa na estabulación de reprodutores coa finalidade de multiplicar o número de individuos e repoboar os bancos naturais máis importantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará