O PP vai dando a coñecer os postos de saída da candidatura liderada por Javier Bas. Unha lista á que regresan a que fora concelleira de Economía e facenda, Ana Alonso así como o que fora concelleiro de deportes Julio Mougán. Ocuparán os postos número 2 e 5 respectivamente. Repiten ademais os actuais concelleiros Mª José Barciela (3), Miguel Álvarez Ballesteros (4) e Sandra Bastos (6).
Dende o PP poñen o acento no feito de que sexan tres as mulleres “que estarán ao fronte das principais áreas do goberno municipal si Javier Bas regresa a alcaldía”. Así, Ana Alonso liderará a xestión económica, traballo que xa fixera no primeiro mandato de Bas, entre 2011 e 2015; María José Barciela, número 3, ex tenente de alcalde e concelleira de Vías e Obras, estará á fronte da nova ‘superconcellería’ de parroquias, e Sandra Bastos, número 6, asumiría a dirección dos servizos sociais municipais.
Salienta tamén Bas que Chapela terá tres concelleiros no caso de facerse co goberno, dos que destacou a “súa experiencia na xestión municipal, os seus logros e o traballo contante e incansable polo conxunto dos cidadáns de Redondela en xeral e, particularmente, polas veciñas e veciños de Chapela”.
Así, o que foi concelleiro de Medio Ambiente dende o 2011 ao 2019, Miguel Alvarez Ballesteros ocupará o posto número catro da candidatura mentres que Julio Mougán, concelleiro de deportes e xuventude do 2015 ao 2019 volverá a acompañar a Bas nesta candidatura coa que pretende recuperar a alcaldía.
Tamén é veciña de Chapela, Cristina Blanco, muller moi vencellada co ensino por ter traballado en diferentes centros de estudios e por ter formado parte da Anpa do colexio de Penedos, ocupará o posto número 8.