Unha actividade organizada por Foanpas que se vai desenvolver no barrio vigués de Navia pero que está aberta a toda comunidade educativa dos centros de ensino público. O obxectivo da proposta é crear entre os participantes unha rede de apoio e servir de espazo no que compartir experiencias e “reconectar con nós mesmos”. As persoas interesadas deben inscribirse en foanpas@foanpas.com ou no teléfono 986 298812.
Unha actividade orientada a aquelas persoas que estean exercendo de coidadoras, xa sexa dun cativo ou cativa ou dunha persoa dependente de calquera idade. Explica unha das monitoras, Patri do Camiño que coidarse a un mesmo é fundamental para o benestar das persoas e que o obxectivo de realizar este obradoiro é “facilitar un espazo de desconexión da rutina e mellorar o autocoidado ademais de compartir ferramentas e experiencias que axuden a mellorar o benestar emocional e físico de nais e pais que coidan para crear espazos de aprendizaxe viviencial”.
Así, crearase un espazo aberto a calquera persoa que servirá para “reconectar” xa que engade Patri do Camiño “todos e todas precisamos primeiro facer unha autoanálise interna para saber como nos atopamos para logo poder enfrontarnos aos retos que temos que superar no día a día”.
Unha actividade en colaboración con Foanpas (federación de asociacións de nais e pais de Vigo e comarca) aberto a toda a comunidade educativa tamén de Redondela malia que se vaia desenvolver en Navia o vindeiro venres en horario de tarde, de 16:30 a 19:30 horas.