O I BudiñoRAID, organizado pola asociación deportiva Santiaguiño de Guizán, desenvolverase o vindeiro 29 de abril. Trátase dunha carreira incluída no calendario oficial da Federación Galega de Orientación (Fegado). Os participantes combinarán BTT, kaiak e aventura durante o percorrido. Unha “proba moi divertida e esixente” que discorrerá polos concellos de Mos, Pazos de Borbén e Redondela.
Respecto da dificultade, os responsables explican que hai diferentes niveles. Así haberá un percorrido de iniciación, dunha duración aproximada de seis horas e aberta a relevos que partirá dende a alameda de Redondela.
As categorías de elite e aventura, pola súa banda, implican un percorrido de 110 km, distribuídos en seis sectores e con 3.500 metros de desnivel acumulado. Completarase nesas tres modalidades deportivas de kaiak, trekking e BTT. Os participantes sairán desde o Pazo de Mos, que será en todos os casos a meta.
Un deporte minoritario, pero moi aconsellable para os apaixonados da natureza” explican os organizadores quen engaden que “quen o proba, engánchase”.
A inscrición está aberta na páxina de Tracktherace.