Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

10 concursantes pasan á final do concurso Voces de Redondela

336892270_1275520343398098_3885247892268389193_n

O concurso ‘Voces de Redondela’ xa ten a lista dos 10 semifinalistas que  competirán polo primeiro posto nunha gala aberta ao público o próximo venres 28 de abril ás 19:00 horas no Auditorio do Multiusos da Xunqueira.

Para chegar ata aquí os e as participantes tiveron que pasar dúas probas eliminatorias con voto popular. O proceso seguíase a través da páxina web do concurso e tivo unha resposta de 1127 votos únicos contabilizados, algo que a creadora do concurso Pilar Moráguez califica de “éxito rotundo”.

Estes novos talentos teñen idades comprendidas entre os 9 e os 17 e, aínda que comparten o seu amor polo canto, teñen  distintos gustos musicais e niveis de profesionalidade. A maioría son amateur e enfróntanse por primeira vez o 28 de abril a unha actuación en directo diante dun xurado, polo que Moráguez encargouse de facilitar clases maxistrais para que suban ao escenario con confianza.

Os resultados desta semifinal foron moi axustados, a puntuación máxima era de 5 puntos. O primeiro posto obtívoo Lucía Castro con 4,77 puntos e o décimo Tiago González con 3,74.  A soprano quere deixar claro que “todos son gañadores” e que o importante “é ter unha boa experiencia e aprender”.

A gala estará aberta ao público e contará con moitas sorpresas e premios aportados polos comerciantes de Redondela aos que Pilar Moráguez quere “agradecer a súa colaboración”. O primeiro premio será un curso completo de canto, o segundo e terceiro premio son 6 meses de balde no coro infantil de Redondela e moitos máis agasallos.

O xurado da final está formado polos músicos redondeláns Alberto Vilas e Fran López, a profesora do Conservatorio Superior de Vigo Beatriz Riobó e o pianista Arabel Moráguez. Estes valorarán a actuación en directo, a posta en escena e por suposto a voz e a habilidade para cantar.

A gala celebrarase o 28 de abril ás 19:00 horas no Multiusos da Xunqueira. Está aberta ao público, é de balde e non precisa de inscrición previa.

RESULTADOS SEMIFINAL

1 Lucia Castro 4,77 puntos

2 Saúl Amoedo 4,28 puntos

3 Jorge Enrique Pazo 4,19 puntos

4 Anabella Madrigal 4,17 puntos

5 Manuel Campo 4,15 puntos

6 Noa Vaz 4,04 puntos

7 Julia Feás 3.95 puntos

8 Ana Anselin 3,94 puntos

9 Hanna Fikirte 3,81 puntos

10 Tiago González 3,74 puntos

Para máis información: https://pilarmoraguez.com/

https://pilarmoraguez.com/concurso-voces-de-redondela/

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará