O programa ofrece dous obradoiros, un de Grafiti a cargo de Paula Amoedo e outro de Fotografía Analóxica que será impartido por Noemi Parga. Orientado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e 18 anos, as persoas interesadas en participar poden inscribirse no Multiúsos da Xunqueira ou chamando ao teléfono 986 402865. As actividades, completamente de balde, desenvolveranse no propio Multiúsos.
A primeira das actividades do programa será o Obradoiro de Grafiti, que terá lugar o venres 28 de abril e venres 5 de maio, en horario de 19h a 21h. Os participantes poderán traballar nun mural coa artista redondelá Paula Amoedo que decorará o novo espazo dedicado á xuventude no Multiusos da Xunqueira.
Os obradoiros de Fotografía Analóxica será a segunda das iniciativas dentro do programa «Redondela Xove» 2023. Terá lugar o sábado 29 de abril e o sábado 6 de maio de 19h a 21h. A actividade terá continuidade o 13 de maio cunha clase centrada no revelado en Branco e Negro. Este obradoiro estará impartido por Noemi Parga Iglesias fotógrafa viguesa e docente da escola Aula D de deseño en Vigo quen nos explicaba o contido da proposta
A alcaldesa redondelá asegurou que “ao longo do verán, Redondela Xove terá máis sorpresas” ao mesmo tempo que anunciaba que a mediados de agosto se celebrará O Día da Xuventude que contará con programa propio de actividades. Digna Rivas asegura tamén que “ata a chegada do Goberno socialista ao Concello de Redondela, os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e 18 anos, foron os grandes esquecidos, con estas propostas búscase emendar ese erro ofrecéndolles tamén un espazo aos máis novos para a súa vida social no Multiúsos onde poderán xuntarse de forma libre ou participar nas actividades que se irán anunciando ao longo dos próximos meses”.