Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pontón proclama que Xoán Carlos González será o alcalde que abra un tempo novo en Redondela

bng redondela

 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón participou na presentación da candidatura do BNG en Redondela que encabeza Xoán Carlos González Campo, de quen destacou a súa tenacidade na defensa dos intereses da veciñanza dun concello que coñece “como a palma da man”. A líder do BNG proclamou que será o alcalde que abra un tempo novo de futuro en Redondela liderando o goberno municipal tras as eleccións municipais do 28 de maio.

“Redondela ten todo o potencial para ser un concello de referencia na comarca e en Galiza, só lle falta liderado político e proxecto de futuro, un proxecto con rumbo e con ideas claras, con alternativas e con propostas para que avance, progrese, mellore”, recalcou, “o BNG ten ese proxecto de futuro e temos tamén a persoa con capacidade e liderado para levalo a cabo: o noso candidato e próximo alcalde de Redondela”.

A líder do Bloque subliñou, nun acto celebrado na tarde de onte no Pazo de Petán, a capacidade de traballo e a constancia de González, “na defensa dos intereses do concello, porque ten a tenacidade que lle da o seu amor por Redondela, pola súa xente, un concello que coñece como poucos e sabe que é posible unha Redondela mellor”.

A presentación da candidatura contou tamén cos integrantes da lista que lidera Xoan Carlos González: a edil Jessica García (2), o sindicalista da CIG David Cousago (3), Iria Custodio Fabre, no número catro, graduada en ciencias da linguaxe  e responsable comarcal da organización xuvenil Galiza Nova e José Rodríguez Gómez, tradutor especialista en linguaxe de videoxogos e coordinador de campaña no número 5.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará