Fin de semana sen alegrías no fútbol e no fútbol sala, onde todos os partidos disputados por equipos locais súmanse por derrotas.
Choco 1-3 Rápido
O Choco, que xa estaba descendido, despediuse da Terceira división cunha derrota na casa. Caeu nun partido disputado en Santa Mariña ante o terceiro da categoría, o Rápido de Bouzas. Os vigueses lograron o seu primeiro tanto nada máis arrancar o partido cun gol de Pardavila. O segundo tampouco se faría esperar, sería aos 8 minutos do encontro cando Noel aumentaba a renda do Rápido que dominou o xogo. Con todo, Toni lograba marcar un gol para os choqueiros ante do remate da primeira parte. Na segundo os visitantes lograrían confirmar a súa vitoria co terceiro tanto dos de Bouzas.
Segunda Galicia
Soutomaior 0-3 Caldas
O Soutomaior perdeu o partido disputado na casa e sitúase agora na sexta praza da segunda Galicia. Na vindeira semana xoga no campo do Sampaio, terceiros pola cola.
Figueirido 4-0 Cesantes
Derrota tamén para o Cesantes que caía pro catro cero na súa visita ao campo do Figueirido.Na vindeira semana reciben a un dos equipos da parte baixa, o Catoira.
Terceira División
Derrotas tamén no Fútbol Sala na terceira división cun Pazos de Borbén que, tras caer ante o Sport Sala pro 6-0 situase na cuarta posición da categoría. Na vindeira semana reciben ao 5Coruña FS, sétimos do grupo.
Os do Redondela Maramar seguen penúltimos na clasificación tras caer por 2- 4 ante o Carballiño. A vindeira fin de semana xogan co Distrito Ventorrillo
Na preferente o Campito Chapela tamén perdía ante o Coperfi Cereixa Gondomar, por 1-3. dous equipos situados na metade da táboa que xa non se xogan nada nesta tempada unha vez acadada a permanencia. O día sete de maio o Campito xogará no campo do Cidade das Burgas