O colectivo empresarial ven de renovar un convenio coa estación de servizo Repsol-Hevago que permitirá as empresas asociadas obter diferentes beneficios, como descontos de ata 6 céntimos por litro en carburante para aqueles que reposten na gasolineira situada na Avenida de Santa Mariña,.
As maiores vantaxes e descontos están asociadas a utilización da Tarxeta Solred grazas a cal os reportaxes na estación da localidade acadan un desconto que duplica o desconto de aplicación respecto a todo o resto de estacións de servizo de toda España.
As empresas asociadas tamén poderán solicitar unha tarxeta propia do colectivo para acceder a descontos exclusivos na estación de servizo e o acceso a servizos como a limpeza premium, a desinfección ou descontos en produtos de ata un 21% sobre as tarifas de mercado.
A actualización das melloras deste convenio suporá un beneficio económico moi significativo, aseguran dende a Asociación de empresarios “xa que con tan so un vehículo que circule unha media de 15.000-20.000km/ano xa compensa a cota de socio. E o aforro será aínda maior na medida en que haxa un maior número de vehículos vinculados a empresa”.