Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

2 redondelás participan no Campionato de España na categoría Sub 12

342968489_129907103398849_7908929996947400371_n

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol celébrase en Madrid do 29 de abril ao 1de maio. A selección galega enfrontarase a equipos de Madrid, A Rioxa, Aragón e Estremadura.

Entre as 14 futbolistas convocadas pola seleccionadora Vicky Vázquez para este Campionato de España atópanse as redondelás Zaira Martínez e Lucía Salceda. Nestes momentos, Zaira xoga no ED Val Miñor de Nigrán, aínda que comezou no Casa Paco e  pasou fugazmente polo CD Choco, equipos que a viron medrar como deportista. Lucía tamén empezou no Casa Paco e pasou directamente ao UD Mos, onde xoga actualmente.

Nesta cita reúnese o presente e futuro do noso fútbol. A Selección Galega Sub-12 Feminina terá o seguinte calendario: Sábado 10.35 Madrid vs Galicia, sábado 12:45 A Rioxa vs Galicia, sábado 19:05 Galicia vs Aragón, domingo 9:30 Galicia vs Estremadura.

A fase final do torneo, desde os cuartos de final, terá lugar nas instalacións da Cidade do Fútbol de Las Rozas, e xogarase o domingo pola tarde e tanto as semifinais como as finais serán o luns 1 de maio pola mañá.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará