Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Angelina Castrelos e Mª Teresa Díaz, socias de honra das Bibliotecas Municipais

biblitoecas definitivo

Dúas lectoras que veñen de ser recoñecidas nas bibliotecas de Redondela e Chapela por ser as persoas de máis de 14 anos que máis libros retiraron durante o pasado ano. Na categoría infantil foi Brais Barciela de 12 anos e Ciro de 5 os que levaron un maior número de documentos en préstamo. Ao longo do 2022 as Bibliotecas municipais realizaron un total de 18.135 préstamos.

As Bibliotecas Municipais de Redondela co gallo da celebración do Día Mundial do Libro (23 de abril), veñen de distinguir aos lectores máis activos no servizo de préstamo. As catro persoas recoñecidas, dúas en Chapela e dúas en Redondela fixéronse cun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio, á vez que son nomeados  “Socios de Honra das Bibliotecas”  ata a celebración do próximo ano, tendo a oportunidade de levar un maior número de documentos en préstamo.

Esta iniciativa ten por obxectivo fomentar a lectura e premiar a fidelidade dos usuarios que máis libros retiraron en préstamo ao longo do ano anterior.   O número de préstamos domiciliarios a usuarios realizados durante o ano 2022 polas Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela foi de 18.135.

Sorrisos de Chapela

A Biblioteca de Chapela acolle este martes en horario de 17:30 a 19:30 a primeira sesión de contacontos a cargo do grupo os “Sorrisos de Chapela”, formado por estudantes do módulo Autonomía e saúde infantil, do Instituto de Chapela. Contos, xogos, actividades de dinamización e fantasía daranse cita cos máis cativos de Chapela en tres sesión consecutivas todos os martes pensadas para nenos e nenas a partir de tres anos. Para participar é preciso inscribirse na biblioteca (bibliotecachapela@redondela.gal ou tlf 986-454-226).

Mª José Villar, biblioteca de Chapela

A primeira sesión desenvolverase hoxe martes 25 de abril, dúas horas cheas de xogos e actividades adicadas á coeducación en igualdade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará