Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo chega ao Tiergarten de Berlín

artelixo alemania

Unha das obras presentadas ao certame do Artelixo deste ano non se poderá ver en Redondela porque o seus autores, o alumnado do IES Mendiño, decidiron deixala baixo unha árbore do coñecido Tiergarten, o maior parque de Berlín. Trátase dunha pequena proposta titulada “Margot Sponer” en referencia a esta lingüísta alemá (1898-1945) que se converteu nunha das pioneiras dos estudos galegos no mundo. O resto das obras, preto dun cento, pódense ver estes días nas prazas, rúas e escaparates de Redondela dentro dun programa que inclúe tamén un intenso abano de actividades como faladoiros e debates.

Unha semana na que ademais de gozar de todas esas obras de arte elaboradas con material de refugallo propoñen diferentes actividades sempre en torno ao espírito reivindicativo e combativo co que naceu este certame décadas atrás.

Así, podemos achegarnos a exposición Onde Habito que permanecerá no Multiúsos ata o 7 de maio. Unha mostra de Ana María Cabanes Fontao, artista plástica galega que busca que a súa obra ademais de colorista teña mensaxe crítico no referente á sostenibilidade.

Ademáis da exposición no multiusos e os artelixos expostos polo municipio a semana completarase con actividades paralelas como a poesía para peóns que tiña lugar onte, faladoiros a cargo de diferentes asociación medioambientais o mércores e xoves e un debate baixo o nome “A análise política do cambio climático” coa participación de grupos políticos de Redondela con representación na corporación.

O SonaLixo será o encargado de pechar a cita deste ano o sábado 29 nunha xornada que inclúe obradoiros para as crianzas a primeira hora da tarde e fin de festa con concertos de micros abertos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará