Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón un servizo de transporte a demanda para os barrios de Soutomaior

soutomaor transporte

Aseguran que este modelo está sendo habilitado en moitos concellos e permitiría que “calquera veciño que o precise poida desprazarse para ir ao médico ou a comprar”. Con esta proposta os veciños que o demanden contarían cun transporte que faría unha ruta por todos os barrios do concello.

A este respecto, o portavoz municipal do BNG de Soutomaior, Manu Lourenzo sinalou que “no seu momento tivemos unha xuntanza co sector do taxi de Soutomaior para implementar un servizo que sería moi positivo para o sector pero ademais daría un servizo que a veciñanza precisa”.

O portavoz municipal do BNG quixo destacar que hoxe por hoxe hai moitas persoas maiores que non se poden desprazar para ir ao médico, a compra ou a farmacia e que dependen de terceiras persoas “con este modelo calquera veciño que o solicite terá un transporte para desprazarse por todo o concello”.

Manu Lourenzo tamén destacou que o servizo de transporte a demanda é un servizo que funciona con éxito noutros concellos. É un modelo que estaría bonificado para parados, estudantes e pensionistas e que permitirá unha vertebración do concello e unha mellora da mobilidade que mellorará de maneira importante as condicións de vida da veciñanza de Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará