Foto: Sociedade Deportiva Pazos
A tan só unha xornada para rematar a competición na Terceira División do fútbol sala, os equipos comarcais que militan na categoría puideron celebrar as súas respectivas vitorias, malia que a súa situación nada teña que ver. Cun Redondela situado na penúlitma praza do grupo e una Pazos de Borbén que está pendente do play off que lles podería dar unha praza na segunda B.
Pazos de Borbén 8-6 5coruña
Partido con dúas metades ben diferenciadas, cunha primeira parte onde os locais foron superiores, mentres que na segunda parte o físico dos coruńeses e o seu xogo de cinco fixo sufrir ao Pazos por momentos pero sen ver perigar o resultado. Tres importantes puntos para chegar a última xornada con opcións de seren terceiros.
Para a semana visitarán Narón no que será a última xornada da liga regular, despois chegará o play off de ascenso onde tentarán culminar unha temporada que está sendo brillante.
Distrito Ventorrillo 5-6 Redondela Maramar
Logo desta vitoria o Maramar pechará o campionato en Redoncela, recibindo ao Korreo Guitiriz.