Unha carpa instalada en Talo Río acollerá este xoves día 4 a segunda edición da feira da ciencia. Ao longo da xornada presentaranse proxectos de investigación realizados polo alumnado da ESO e Bacharelato do instituto de Soutomaior, do Colexio Santiago Apostol e do IES Illa de San Simón.
En cada stand haberá un grupo de alumnos que explicará o seu proxecto ao público visitante co fin de divulgar o traballo realizado interactuando cos asistentes, resolvendo dúbidas e comentando os resultados obtidos, así como, curiosidades do proceso levado a cabo en relación a temas que van desde o medio ambiente, Intelixencia artificial e outros descubrimentos.
Celebraranse demais visitas guiadas e os obradoiros “Cidadáns da Ciencia” e “Científicos/as dixitais” dirixidos a todas as idades. A xornada finalizará cun espectáculo de ciencia.
Este actividade forma parte do programa municipal Divulgaciencia que coordina o Concello de Soutomaior e no que colabora FECYT, Ministerio de Ciencia e Investigación.