Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Meirande acolle a presentación do cómic “A Batalla de Rande”

david braña

David Braña e Pablo Pardo nunha recente presentación en Banda Deseñada

O acto de presentación en Redondela desenvolverase este sábado 6 ás 19:00 horas no museo Meirande e contará coa prsenza do director da editorial Galaxia, Francisco Castro e a alcaldesa Digna Rivas acompañados do escritor David Braña, guionista dun texto que está ilustrado por Pablo Prado.

Un libro orientado a todos os públicos no que se fai un repaso polos feitos históricos que tiveron lugar no ano 1.702 durante a guerra de sucesión española. Os galeóns españois acompañados polas forzas aliadas francesas chegan a ría de Vigo co maior tesouro que nunca tivera cruzado o Atlático. Ata alí seguíanos as embarcacións anglo-holandesas co obxectivo de facerse co botín. Iso deu lugar a unha batalla encarnizada e tamén a unha lenda, a do tesouro de Rande recollida no libro “20.000 leguas de viaxe submarino” de Verne. De feito, o arranque do cómic parte dunha nai e un fillo que paseando por Vigo se atopan coa estatua de Julio Verne. Dende aí achegánse ao Museo Meirande e a través da relación entre nai e fillo vanse relatando os feitos.

David Braña, guionista

Precisamente o lugar elixido para esta presentación foi fundamental na creación do texto. “Tras realizar dous libros anteriores coa editorial Cascaborra propúsenlles un novo cómic histórico centrado en Rande” a partir dese momento Braña comeza a documentarse, unha investigación que o levou precisamente a visitar o Meirande “o que me permitiu situarme na época e no ambiente”.

Un cómic que conta cos debuxos de Pablo Prado, quen se identificou inmediatamente co texto e sobre todo, coa idea que Braña lle quería imprimir a historia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará