A embarcación masculina do Chapela levan a Bandeira Concello de Vigo nunha regata disputada este luns entre a praia de O Vao e a illa de Toralla e organizada polo Club Remo Coruxo co patrocinio do Concello de Vigo.
Nesta xornada, na que o tempo respectou a pista de regata, o C.R. Chapela adxudicouse a Bandeira de Honra Masculina, sumando 7 puntos, seguido de CM.Bueu, SD.Tirán e CR.Muros que sumaron 6 puntos cada un dos tres, na categoría.
Apuntar tamén que na clasificación xeral masculina da categoría Xuvenil o club con máis puintos é Mecos (13.36:17), seguido moi de preto e con forza por Chapela (13.52:99), os de Redondela teñen posibilidades de alcanzar a vitoria.
Esta tempada destaca polo número de regatas de vetaráns que soen iniciar a celebración. Concretamente, este luns disputouse unha proba de Veteráns en traiñeiras con presenza de 8 tripulacións e na que a vitoria final por tempos foi para os atletas da SD.Tirán.