Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bernardo Seoane: “Arte Lixo serviume de inspiración como artista”

WhatsApp Image 2023-05-10 at 13.03.02

O artista Bernardo Seoane presenta a súa exposición “Tripulacións” dentro do marco do programa Artellando do Concello de Soutomaior. A mostra está acompañada de varios obradoiros para adultos e cativos e  estará dispoñible ata o finais de maio no Multiúsos de Arcade.

O artista pretende concienciar sobre a segunda vida que podemos dar a moitos elementos que consideramos ‘lixo’ e que el utiliza para facer a súa arte. A través de elementos de refugallo dalle forma a figuras espectaculares de distintos tamaños e temáticas que divide en series. A serie que presenta en Tripulacións está centrada na robótica.

O xoves 11 de maio impartirá un obradoiro de balde para os máis cativos e cativas no que poderán facer o seu propio “robot” con materiais reciclados e lévalo a casa como xoguete. Seoane cree que é fundamental motivar aos nenos no uso da imaxinación e espertar a súa curiosidade, sobre todo a través de actividades manuais coma esta.

O artista é autodidacta e confesa que estivo inspirado polo programa de Arte Lixo de Redondela para a creación da súa obra. Leva participando na iniciativa dende o comezo e lembra a experiencia como “inspiradora e de moita utilidade para concienciar a xente sobre a importancia do reciclaxe”.

A mostra chamada Tripulacións está dispoñible ata finais de maio no Multiúsos de Arcade. O obradoiro infantil que imparte terá lugar o 11 de maio tamén no Multiúsos de Arcade e precisa de inscrición previa a  través da OMIX de Soutomaior (638 82 28 68) ou nos correos cultura@soutomaior.com e omix@soutomaior.com .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará