Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os gansos aniñados no Alvedosa aumentarán a familia a finais de mes

gansos

A Concellería de Medio Ambiente fai un chamamento á veciñanza para que non molesten aos animais que elixiron a zona do Alvedosa ao carón do Multiúsos da Xunqueira para facer o seu niño. Lembran que os gansos son moi territoriais e que incluso poden ter comportamento agresivos de vérense ameazados, xa que mentres a femia incuba os ovos o macho protexe a zona e intenta espantar aos curiosos.

Por ese motivo o concelleiro Alberto Álvarez insiste na necesidade de manter unha distancia prudencial evitando interactuar coa fauna silvestre. De feito, xa se instalou un valado protector tratando de deixar espazo aos animais para poder criar a súa prole nestas semanas nas que se atopan en período de reprodución. Está previsto que as crías nazan a finais de mes.

A concellería optou por facer este chamamento dando datos sobre a súa ubicación “porque non se estaba revelando nada xa que están moi a vista no centro da vila” e lembran que se trata dun feito pouco habitual “así como é habitual a presenza de parrulos ou cisnes que aniñen no Alvedosa, non temos constancia de que unha parella de gansos tivera elixido esta zona con anterioridade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará