O complexo deportivo no que se enmarcaría a pista conectaría cunha futura vía verde dando servizo así a toda a veciñanza e, en particular, aos dous grandes núcleos poboacionais do municipio: Chapela e Redondela. AER pechará a súa campaña para as eleccións municipais cun concerto do grupo local 33RPM este venres ás 20.30 horas no Café Cowork de Redondela.
A Agrupación de Electores de Redondela, AER, propón no seu programa construír a nova pista de atletismo na explanada de Duchess (cargadoiro mineral de Rande) e incluír novas dotacións para facer desta zona un espazo polideportivo e de lecer máis amplo. O proxecto contempla un anexo cunha instalación cuberta multidisciplinar na que se poidan practicar diferentes modalidades deportivas así como a construción dunha piscina oceánica.
“A nosa idea é que se aproveite este espazo marabilloso da nosa contorna, no que xa está ubicado o Museo Meirande para que se retroalimenten entre elas, recuperando así este espazo para a veciñanza”, comentan desde a Agrupación. Ademais, outro punto forte da proposta é que este proxecto podería chegar a enlazar coa futura vía verde que, na actualidade, chega ata Chapela. “Queremos que a vía verde chegue a Meirande, que creza cara ao norte, hacia Redondela. Deste xeito, e ao tratarse dun punto equidistante, conseguiríamos dar servizo á toda a veciñanza do municipio e, en particular, aos dous grandes núcleos urbanos do municipio: Redondela e Chapela”.
En canto a ubicación proposta, a Agrupación insiste en que este tipo de servizos é o que realmente merece esta contorna. “Temos que desafectar industrialmente esta zona e recuperar o litoral de Rande, deixándoo libre de industrias, contaminantes ou non. Estamos en contra, por suposto, de todas as actividades que está a desenvolver a Autoridade Portuaria de Vigo alí”.