A Agrupación de electores, malia seguir sendo chave de goberno, perde respaldo e deixa no camiño 1.306 papeletas. Os 858 votos obtidos nestas eleccións permítenlle manter un concelleiro. Un resultado para o cal “estábamos preparados” asegura Cuni Orge quen engade que “somos conscientes de que nos penalizaron por un goberno de coalición que saíu moi mal pero, por sorte ou por desgraza, volvemos ser unha formación que ten a chave de goberno”.
Sobre o futuro da alcaldía insisten en que “Aer sempre cumpre coa palabra dada” e afirman que “non queremos que goberne Bas e non queremos que goberne Digna, porque non cumpriu o pacto de goberno asinado con nós”.
A súa alternativa pasa necesariamente porque sexa “alcaldable calquera outro concelleiro ou concelleira da corporación que non sexa do PP”.