Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas (PP): “Debería gobernar quen gañou as eleccións de forma contundente”

javier bas

Os populares valoran moi positivamente uns resultados que supoñen o maior respaldo para o seu partido nunhas eleccións municipais tanto en número de votos (6.920) como en porcentaxe (44,58%). Javier Bas insiste na necesidade de desvincular a alcaldía dunha “guerra” entre esquerdas e dereitas “entre os meus votantes hai moita xente de esquerdas”.

Á hora de analizar o resultado fala de que serían varias as razóns que permiten ao seu partido sumar apoios pero destaca sobre todo “o equipazo” que me acompaña que soubo “defender o proxecto que levamos e demostrou a capacidade e o talento que temos para poñelo en marcha”

Insiste Bas en que cos resultados de onte “hai un claro vencedor e deberíase respectar a decisión dos veciños que avalan o noso proxecto”. Con todo, é consciente de que a  “aritmética dos resultados” pode arrebatarnos a alcaldía pero “sacándolle máis de dous mil votos ao segundo e logo da experiencia de goberno dun bipartito que foi nefasto, está claro que a vontade dos veciños de Redondela é que goberne o PP” e que o que “saia dos despachos por negociacións entre partidos non é o que avalaron os votantes”. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará