Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Patxi Fernández: “Cesantes está pouco explotada tendo en conta as posibilidades que ofrece para os deportes náuticos”

WhatsApp Image 2023-05-30 at 13.43.21

O II Campionato Galego de Kitesurf celebrouse esta fin de semana con normalidade, a pesar do prognóstico de borrasca, e superando a participación do ano pasado.  A enseada de San Simón acolleu a 36 riders de toda Galicia que competiron en 4 categorías nas que os vencedores foron : Justo Fernández nas divisións Foil e Surf, Antonio Fernández ‘Patxi’ en Twintip Masculino e María de Carmen Nieto en Twintip Feminino.

Patxi Fernández é da parroquia de Cesantes e está moi vinculado ao mar pola influencia da contorna na que se criou e o interese que ten polos deportes náuticos. Forma parte do Club de Remo e do TMKiteclub de Cesantes conseguindo este ano o título de campión galego na categoría Twintip. A competición consiste nunha regata na que o obxectivo é chegar o antes posible a liña de meta, pero para Patxi o máis complicado non é a carreira senón “o momento de tensión e emoción que implican os primeiros minutos antes de sair a auga”.

Para o redondelán a Praia e Cesantes e a Enseada de San Simón son lugares que destacan polo súa paisaxe, pero sobre todo polas características ambientais que  converten a zona nun lugar perfecto para este tipo de deportes. Destaca “a calidade do vento e a intensidade cunha probabilidade habitual de máis do 80%, motivos polos que cada vez achéganse máis riders de toda europa”.

Gracias ao club e o auxe do Kitesurf a zona gañou en movemento, en espazos activos e en turismo. Chama a atención a tranquilidade que aporta a boa convivencia que hai entre a veciñanza, os visitantes e os deportistas, algo que segundo Patxi “é difícil de atopar”.

Móstrase moi agradecido a súa muller e a súa filla que “o apoian cada día” e tamén menciona de forma especial a súa irmá por ser quen inmortaliza cada sesión na auga. Non se esquece da súa equipa, os organizadores do club como Tato e Clara e Eleveightkites que lle ofrece o mellor equipo posible para obter estes bos resultados.

A próxima cita será o KiteFest Cesantes, que este ano celebra a súa sexta edición entre os días 7 e 9 do próximo mes de xullo. E no que, a diferencia do campionato galego, haberá tamén categoría de free-style.

Para ver a Patxi Fernández en acción está dispoñible a páxina de fotografía @seakitepics, levada de forma profesional pola súa irmá.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará