O grupo de teatro inclusivo Xanela estreará “Disparos de luz” o próximo venres 2 de xuño ás 19:30 horas no Multiúsos de Chapela (Piñeiral do Crego) con entrada de balde. Esta obras é froito dun proxecto de teatro comunitario entre a Asociación Xaruma, o IES de Chapela e a ESAD.
A iniciativa conta coa colaboración dun total de máis de corenta persoas das tres entidades participantes: persoas usuarias e profesionais da Asociación Xaruma para a inclusión social de persoas con trastornos mentais, alumnado e profesorado dos ciclos de Atención a persoas en situación de dependencia e Integración social do IES de Chapela, e alumnado e profesorado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg).
“Disparos de luz”, dirixida polo dramaturgo e director teatral Roi Vidal Ponte, preséntase como unha experiencia de museo teatral onde o público ordena o caos conformado por un catálogo de personaxes alegóricas creadas a partir da intelixencia artificial. A entrada será de balde ata completar aforo.