Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta adxudica por 395.000 euros a nova pasarela peonil na contorna do colexio Santiago Apostol en Soutomaior

pasarela

Mellorarase o itinerario de circulación peonil na vía autonómica construíndo unha nova pasarela en plástico reciclado cunha anchura de 2 metros que substituirá a actualmente pasarela de madeiras. Os traballos para o acondicionamento deste itinerario peonil da PO-244, adxudicados á empresa Construcciones y Obras Taboada Ramos S.L.U., prevén iniciarse no verán e telos rematados no primeiro trimestre de 2024, xa que contan cun prazo de execución de 6 meses.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 395.056 euros a execución das obras da nova pasarela peonil na estrada autonómica PO-244, situada nunha zona moi próxima ao colexio Santiago Apóstol, no concello de Soutomaior.

Mediante este contrato acometeranse as intervencións necesarias para a reposición da pasarela de madeira situada na marxe dereita desta estrada. A nova pasarela executarase en plástico reciclado, cunha anchura de paso libre de 2 metros, nos que se incluirán os correspondentes elementos de protección lateral, que disporán dunha altura de 1,10 metros.

Na actualidade, nesta pasarela da estrada PO-244 o conxunto de madeira atópase bastante deteriorado, polo que se considera necesaria a substitución, de maneira que garanta a circulación dos peóns de xeito seguro.

O plástico reciclado no que se executará a pasarela é un material que ofrece unha alta resistencia á humidade e á intemperie, non se astilla nin sofre degradación, permitindo un mantemento máis sinxelo e é de fácil instalación.

Para realizar a instalación da nova pasarela procederase inicialmente ao fincado de pilotes sobre o terraplén existente.

Ao final do tramo de pasarela hai actualmente unha zona con varanda de protección lateral de madeira, que será retirada, e instalarase o mesmo sistema de protección lateral que na pasarela, de modo que se unifiquen os elementos da zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará