O Club de Atletismo de Redondela abre o prazo de inscrición para o Campus de Verán ata o 15 de xuño. Terá lugar todo o mes de xullo no anexo do Campo de Santa Mariña, na Praia de Cesantes e no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, entre outras localizacións.
Divídese en dous grupos segundo o nivel de experiencia no deporte e as idades dos participantes, comprendidas entre os 8 e os 17. O calendario do campus é todos os luns, mércores e venres de xullo en de mañá – 9:30h a 12:30h- para facilitar a conciliación familiar na tempada de vacacións escolares.
O prezo é de 35 euros, pero varía cun desconto de 10 euros para os rapaces e rapazas que sexan socios do club. Para máis información e reservas está a disposición a dirección de correo electrónico car.redondela@gmail.com .