Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan as Festas da Coca coa vista posta no ceo e cunha programación “para todos os públicos”

coca

O equipo de veteranas da SAR “As Sarillas” serán as encargadas de ler o pregón ás 20:00 horas de hoxe nunha xornada que arrancará co desfile de xigantes e cabezudos e cun concerto a cargo da orquestra de saxos ás 19.30 horas.

Iria Vilaboa, Concelleira de Cultura

Logo do pregón terá lugar o acto solemne de relevo das Burras e o homenaxe ás e aos alfombristas e a elaboración das alfombras florais nas rúas de Redondela confiando en que a chuvia respecte un traballo que arrancou hai semanas pero que ten a súa culminación xa cos tapices florais que se elaboran nesta madrugada, alfombras sobre as que descorrerá a procesión no mediodía do xoves.

De feito, na mañá do xoves ás 12 horas terá lugar o Desfile da Coca, cos Mordomos e Dianiños acompañada por Xigantes e Cabezudos e o grupo de gaitas Airiños de San Simón. Logo da Misa na Igrexa de Santiago celebrarase a Procesión polas rúas adornadas coas alfombras de flores, acompañada pola Banda de Música de Redondela e deseguido o baile da Danza das Espadas e das Penlas sobre as 13:00 horas, primeiro na praza da Casa da Torre e a continuación na praza da Constitución. Un xoves, día grande da Coca que culminará cun concerto da orquestra Saudade no Campo da Feira ás 22:00 horas.

Mención específica dentro deste programa para os concertos do venres cunha noite dedicada ao rock que arrancará coa actuación do grupo local RMS ás 21:00h, seguido de Los Motores, Sínkope e pechará a xornada Obús cunha actuación que arrancará a unha da madrugada.

Uns concertos que se desenvolverán baixo a carpa instalada no Campo da Feira para evitar as chuvias que se anuncias de cara aos vindeiros días.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará