Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous investigados por conducir cunha taxa de alcohol superior a permitida durante as festas da Coca

poli

Un veciño de Redondela e outro de Soutomaior foron detectados na madrugada do xoves en diferentes puntos do concello conducindo baixo os efectos do alcohol. Tamén foron sancionadas dúas persoas, neste caso en Chapela, por portar armas brancas en vía pública, armas que lles foron intervidas pola Policía Local.

O primeiro dos casos tiña lugar ás 00:40 do xoves tras recibirse unha chamada na Policía Local dende un establecemento de Vilavella que solicitaba a presenza dos axentes para neutralizar un clientes que estaba causando problemas. Unha vez no lugar os axentes interceptaron ao individuo, un veciño de Redondela, xa ao volante dun vehículo con signos evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcólicas polo que se procedeu a realizarse as probas dando un resultado de 0,95 e 0,93mg/l sendo investigado por un delito contra a seguridade viaria.

Hora despois, ás cinco da madrugada, daríase o alto a un vehículo na Avenida Mendiño, ao observar os axentes da Policía Local unhas manobras de zigzag por parte dun vehículo. O seu condutor, un veciño de Soutomaior, deu tamén positivo de 0,83mg/l  sendo investigado tamén por un delito contra a seguridade viaria.

Finalmente nun control en Chapela procederíase a sancionar dúas persoas as cales portaban armas brancas en vía pública, armas que lles foron intervidas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará